Hoxe na clase falamos dalgúns lugares, seres máxicos e historias da nosa terra para decidir cal sería o nome da nosa aula durante este curso. Algúns dos seres e lugares que vimos, daban algo de medo, pero somos valentes e sabemos que o que existe no mundo da fantasía non nos ten que dar medo. Non imos descubrir aínda o noso nome, pero deixámosbos algúns dos que máis nos fascinaron.
Os Nubeiros (Fonte: misteriosyleyendasgalicia) |
O Arco da Vella é un arco de cores que se alimenta das augas dos ríos e dos mares pero nas épocas de seca quere coller a nen@s e moz@s, por iso, se o vemos temos que dicir: "Arco da vella, vaite de aí, que @s nen@s bonit@s non son para ti"
O Tardo é un duende pequeno e peludo, de cor verde e leva un gorro vermello e unha espada afiada. Vive baixo terra e polas noites entra nas casas e séntase sobre o peito das persoas que durmen provocándolle pesadelos.
Para librarse del basta con deixar unha cunca con grans de maíz. Como é moi curioso irá a ver a cunca e empezará a contar os grans, pero como só sabe contar ata cen, volverá a empezar unha e outra vez e así pasará a noite sen molestar, desaparecendo ata o amencer.