martes, 14 de setembro de 2021

Falando de Galicia Máxica...

 Hoxe na clase falamos dalgúns lugares, seres máxicos e historias da nosa terra para decidir cal sería o nome da nosa aula durante este curso. Algúns dos seres e lugares que vimos, daban algo de medo, pero somos valentes e sabemos que o que existe no mundo da fantasía non nos ten que dar medo. Non imos descubrir aínda o noso nome, pero deixámosbos  algúns dos que máis nos fascinaron.

Os Nubeiros (Fonte: misteriosyleyendasgalicia)
Os Nubeiros son xigantes que dirixen as tronas ou tormentas e os relampos dende as nubes. Saen polas mañáns e voltan a media noite. Son un poucos despistados e ás veces perden as nubes e teñen que pedir cobixo nas casas da xente.


O Arco da Vella é un arco de cores que se alimenta das augas dos ríos e dos mares pero nas épocas de seca quere coller a nen@s e moz@s, por iso, se o vemos temos que dicir: "Arco da vella, vaite de aí, que @s nen@s bonit@s non son para ti"


O Tardo é un duende pequeno e peludo, de cor verde e leva un gorro vermello e unha espada afiada. Vive baixo terra e polas noites entra nas casas e séntase sobre o peito das persoas que durmen provocándolle pesadelos.

Para librarse del basta con deixar unha cunca con grans de maíz. Como é moi curioso irá a ver a cunca e empezará a contar os grans, pero como só sabe contar ata cen, volverá a empezar unha e outra vez e así pasará a noite sen molestar, desaparecendo ata o amencer.




luns, 13 de setembro de 2021

Benvid@s a nosa aventura en 2º de Primaria. 

Este curso xunt@s viviremos numerosas  aventuras  aprendendo moitas cousas.          

Estamos preparad@s!!!!!


Repaso matemáticas